saltar ao contido

Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 9 de novembro de 2017

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 9 de novembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 10057 (10/PNC-001044)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre o apoio pola Xunta de Galicia á proposta da Autoridade Portuaria de Vigo, así como a demanda ao Goberno central e á Unión Europea da axilización dos trámites necesarios para estender ata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes
BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a apoiar a proposta da Autoridade Portuaria de Vigo e a demandar do Goberno do Estado e da UE a axilización dos trámites necesarios para lograr estender ata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes."
 
Aprobación con modificacións
 
- 15414 (10/PNC-001338)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre o mantemento polo Goberno galego da actual liña de actuación para combater o furtivismo, introducindo nela os avances das novas tecnoloxías, como é o caso dos drones, para as tarefas de vixilancia e control
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a xunta de Galicia:
 
1. A continuar na actual liña para combater o furtivismo, introducindo na medida das posibilidades os avances que as novas tecnoloxías nos ofrecen, como é o caso dos drons, para as tarefas de vixilancia e control.
 
2. A que axilice o pago das axudas para a contratación de vixiantes contra o furtivismo por parte das confrarías, e estude a viabilidade de aumentar a partida destina a este fin."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina