saltar ao contido

Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 17 de novembro de 2017

 

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser., na súa sesión do 17 de novembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 17639 (10/PNC-001454)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para posibilitar no futuro a existencia das comunidades de usuarios de augas, coñecidas como traídas de augas, e a consideración da especificidade do territorio galego nas futuras normativas ao respecto, así como o impulso dun grupo de traballo para o establecemento de acordos que posibiliten a coexistencia dos modelos de abastecemento de carácter municipal e veciñal
BOPG n.º 191, do 11.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Demandar do Goberno do Estado o cambio do artigo 124.2 do Regulamento Dominio Público Hidráulico, para seguir permitindo a existencia das Comunidades de Usuarios.
2. Que nas vindeiras normativas que afecten as traídas ou os seus usuarios se terá en conta a especificidade do territorio galego neste sentido.
 
3. Impulsar a constitución dun grupo de traballo, xunto coa Fegamp e coas Comunidades de Usuarios, e representantes dos organismos con competencia territorial en Galicia, para o estudo da problemática asociada as traídas veciñais en relación coas competencias municipais, e para a negociación co obxecto de chegar a acordos que fagan posible a coexistencia ou convivencia dos modelos de abastecemento municipal e veciñal."
 
- 18669 (10/PNC-001513)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre o mantemento pola Xunta de Galicia dunha liña prioritaria de actuacións de reforzos do firme das estradas de titularidade autonómica, de xeito que se manteñan nun estado axeitado para o tránsito e se favoreza a seguridade viaria
BOPG n.º 194, do 17.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a manter unha liña prioritaria de actuación de reforzos de firme das estradas de titularidade autonómica, de modo que se manteñan nun estado axeitado para o tránsito e se favoreza a seguridade viaria."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 10954 (10/PNC-001144)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 3 máis
Sobre a aprobación polo Goberno galego, antes do remate do ano 2017, do regulamento de desenvolvemento e do código de accesibilidade previstos na disposición final primeira da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade
BOPG n.º 140, do 05.07.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que aprobe, antes de que finalice o primeiro semestre do 2018, o regulamento de desenrolo da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e o código de accesibilidade que contemple todas as normas técnicas aplicables na materia."
 
- 16470 (10/PNC-001390)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre a axilización polo Goberno galego dos trámites necesarios para a inclusión de Noia no Plan de transporte metropolitano de Galicia; en concreto, na área de Santiago de Compostela
BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar de inmediato as análises técnicas necesarias para poder avaliar a viabilidade e someter á Comisión de seguimento da área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela, a inclusión do Concello de Noia."
 
- 19319 (10/PNC-001558)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre o financiamento pola Xunta de Galicia dun estudo para investigar se as costas galegas son realmente un corredor de paso para as baleas azuis
BOPG n.º 203, do 31.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Estado o financiamento dun estudo en profundidade, procurando a colaboración do sistema universitario galego e dos centros de investigación de interese, para averiguar si as costas de Galicia son realmente un corredor de paso para as baleas azuis, dando traslado puntual sobre as xestións co Estado aos grupos parlamentarios."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina