saltar ao contido

Acordo da Comisión 5ª., Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o día 29 de novembro 2017

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 29 de novembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 11746 (10/PNC-001183)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención sanitaria aos doentes con dano cerebral adquirido
BOPG n.º 144, do 12.07.2017
 
Sométese a votación separada por puntos:
 
Punto 1: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
Puntos 2 e 3 (emenda do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 20911): resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta a estudar nos primeiros meses do ano 2018 a creación en Galicia dun centro público de referencia para a rehabilitación de persoas con dano cerebral adquirido."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina