4.1 13974 (10/PNP-001162)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para avanzar na conservación e difusión da nosa toponimia tradicional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Avanzar na conservación e difusión da nosa toponimia tradicional, nomeadamente a través dos traballos de xeorreferenciación do nomenclator e microtoponimia, así como o desenvolvemento da aplicación colaborativa para a revisión, corrección e actualización do nomenclator de Galicia.
2.- Revisar todos os ámbitos da súa competencia para restiituír a toponimia legal nos lugares nos que non se cumpra a normativa e insta ao Goberno galego a dirixirse ás demais institucións (Concellos, Deputacións provinciais, e ao Goberno do Estado español) para lles reclamar o uso en todos os ámbitos dos topónimos oficiais cuxa única forma legal é galega”.
4.4 19337 (10/PNP-001427)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a continuación polo Goberno galego coa transformación dos servizos sanitarios promovendo a súa humanización no referido á capacitación científico-técnica dos profesionais e aproximación humana ao doente, co fin de mellorar a resposta aos requirimentos e expectativas da cidadanía
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a continuar coa transformación dos servizos sanitarios, para responder mellor aos requirimentos e expectativas da cidadanía, promovendo a humanización dos servizos sanitarios, nas súas dúas vertentes: a capacitación científico-técnica dos profesionais e a aproximación humana ao paciente, digno de respecto e consideración”
4.5 19688 (10/PNP-001460)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre a información pola Xunta de Galicia respecto do avance da praga de couza guatemalteca da pataca, das medidas adoptadas e previstas para erradicala, así como das axudas concedidas para paliar os danos ocasionados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Informar sobre o avance da couza guatemalteca e as medidas que se van tomar a fin de erradicala.
2.- Informar sobre as medidas establecidas ata o de agora e
os seus efectos, recollidos na resolución do 8 de marzo de 2017 que recolle as zonas infestadas e as zonas tampón, e implementa as medidas para a erradicación e control do organismo de corentena.
3.-Informar sobre as axudas concedidas a particulares e produtores.”
4.8 20338 (10/PNP-001511)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reivindicacións dos representantes sindicais do persoal da Administración de xustiza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:
1.- Convocar a mesa sectorial e negociar coas organizacións sindicais con representación entre o persoal de xustiza para acadar unha equiparación dos salarios e complementos do persoal da Administración xudicial de Galicia cos seus homólogos noutras CCAA.
2.- Negociar e acadar un acordo para que non exista discriminación salarial do ámbito xudicial na percepción do complemento das prestacións por IT e similares.
3.- Repoñer as prazas amortizadas desde o ano 2012, especialmente en ámbitos de especial afectación.
4.- Consolidar aquelas prazas de reforzo que leven máis de 3 anos.”
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.