A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 19 de decembro de 2017, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no Pazo do Parlamento
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos Lexislativos
1.1 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (19215, 10/PL-000008)
1.2 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre o Proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas (doc. núm. 16854, 10/PL-000006)
Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 225, do 12.12.2017
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico (doc. núm. 4530, 10/PPLI-000002)
Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 66, do 15.02.2017
Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 204, do 02.11.2017
Punto 2. Mocións
2.1 21265 (10/MOC-000061)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia laboral na Administración de xustiza. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 20233, publicada no BOPG nº 215, do 22.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2017)
2.2 21271 (10/MOC-000062)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa AP-9. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 20052, publicada no BOPG nº 211, do 15.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2017)
2.3 21304 (10/MOC-000063)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co dereito a unha vivenda digna. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 15066, publicada no BOPG n.º 174, do 13.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2017)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 17087 (10/PNP-001290)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central, así como á empresa concesionaria da AP-9, para mellorar a calidade de vida e minimizar o impacto das diversas infraestruturas de comunicación na parroquia de Chapela, no concello de Redondela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
3.2 19755 (10/PNP-001466)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a solicitude polo Goberno galego ao grupo Ferroatlántica-Ferroglobe do mantemento en Galicia de todos os investimentos e postos de traballo derivados da fabricación de silicio solar, así como a realización das actuacións necesarias para favorecer o desenvolvemento na comunidade autónoma da totalidade do ciclo produtivo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
3.3 20696 (10/PNP-001541)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas tendentes á dotación nos edificios públicos de baños adaptados para os pacientes ostomizados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
3.4 20810 (10/PNP-001552)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa autorización a Audasa da suba das tarifas nas peaxes da AP-9 para o ano 2018 e as dos anos seguintes, así como a elaboración pola Xunta de Galicia dun estudo da viabilidade do rescate da concesión para a súa xestión pública
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
3.5 20917 (10/PNP-001563)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para frear o avance da presenza da avespa velutina en Galicia e o establecemento de mecanismos de loita biolóxica contra esa especie
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
3.6 20958 (10/PNP-001566)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a integración da conexión ferroviaria dos portos galegos de interese xeral na Rede transeuropea de transportes, redeseñando o trazado do corredor atlántico de mercadorías, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
3.7 20971 (10/PNP-001567)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Quiroga Díaz, José Antonio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa realización no ano 2018 dun trampeo masivo contra a avespa velutina, profundar na investigación e erradicar esta especie, así como afrontar os danos causados na poboación apícola e incluír os representantes do sector na comisión de seguimento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
3.8 21008 (10/PNP-001570)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a posta en marcha no ano 2018 dun plan de choque para o control da poboación da avespa velutina, a posta en funcionamento, de xeito efectivo, da comisión de seguimento e a apertura de liñas de investigación ao respecto, así como a apertura dunha liña de axudas específica para paliar as perdas sufridas polos apicultores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
Punto 4. Interpelacións
4.1 19155 (10/INT-000629)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa rexeneración ambiental das zonas protexidas afectadas polos incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
4.2 20422 (10/INT-000676)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 6 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa recuperación das condicións laborais do persoal do sector público autonómico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 29.11.2017
4.3 20946 (10/INT-000701)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e 2 máis
Sobre a protección do medio ambiente e o lindano
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 223, do 05.12.2017
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
5.1 21410 (10/POPX-000064)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a responsabilidade do Presidente da Xunta na resolución dos problemas de Galicia
5.2 21413 (10/POPX-000065)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre os obxectivos que debe ter a Comunidade Autónoma de Galicia na revisión do sistema de financiamento autonómico
5.3 21424 (10/POPX-000066)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre xestión que está a levar a cabo o Goberno galego en relación coa sanidade pública de Galicia
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 20190 (10/POP-002401)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre a realización na actualidade pola Xunta de Galicia dalgunha análise dos niveis de hidrocarburos aromáticos policíclicos e elementos traza nas augas e sedimentos dos encoros nas zonas afectadas pola recente vaga de lumes forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
6.2 20307 (10/POP-002413)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para recuperar as dúas pías medievais pertencentes á igrexa de San Xián de Moraime, no concello de Muxía
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
6.3 16918 (10/POP-002128)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do recoñecemento das competencias profesionais e a formación necesaria para a adquisición do título de Técnico ou Técnica Superior en Electromedicina Clínica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
6.4 19596 (10/POP-002337)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 9 máis
Sobre as melloras producidas no Hospital Comarcal da Mariña dende a entrada en funcionamento do sistema de Estruturas de Xestión Integrada, EOXI
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 207, do 08.11.2017
6.5 20721 (10/POP-002461)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a situación da infraestrutura e a dotación de persoal de enfermaría no Hospital Comarcal de Monforte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 223, do 05.12.2017
6.6 21406 (10/PUP-000132)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da relación existente entre os beneficios e os riscos das vacinas que se usan no Programa galego de vacinación
6.7 21414 (10/PUP-000128)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Toja Suárez, María Dolores
Sobre as razóns do Goberno galego para continuar anunciando a candidatura de Galicia para o acollemento do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos cando xa coñecía a decisión da Comisión Europea de suprimilo
6.8 21419 (10/PUP-000130)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre os mecanismos de coordinación institucional e de intercambio de información existentes entre a Xunta de Galicia e o Goberno central para que o Goberno galego continuase anunciando a candidatura de Galicia para o acollemento do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos cando xa coñecía a decisión da Comisión Europea de suprimilo
6.9 21420 (10/PUP-000131)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e 2 máis
Sobre as razóns do Goberno galego para continuar anunciando ao sector do mar a candidatura de Galicia para o acollemento do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos cando xa coñecía a decisión da Comisión Europea de suprimilo
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente