A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 21 de decembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 20035 (10/PNC-001630)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre o mantemento de conversas polo Goberno galego co Concello de Cedeira en relación coa posibilidade de chegar a acordos para mellorar e ampliar o centro de saúde
BOPG n.º 211, do 15.11.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 10 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dialogar co Concello de Cedeira sobre os servizos de asistencia sanitaria dispoñibles no municipio, e a posibilidade de chegar a acordos para a mellora do centro de saúde e a súa ampliación."