saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de xaneiro de 2018


2.3 21756 (10/MOC-000066)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Villares Naveira, Luis
Sobre a protección do medio ambiente e o lindano (Moción consecuencia da Interpelación nº 20946, publicada no BOPG nº223 do 05/12/2017, debatida na sesión plenaria do 19/12/2017)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a adoptar as seguinte medidas:
 
1. Rematar no máis breve prazo de tempo posible as prospeccións e recollida de mostras que comezarán nos vindeiros días nos solos contaminados por lindano no lugar de Contrasto.
 
2. Unha vez coñecidos os resultados do estudo e localizadas as zonas contaminadas realizar en colaboración co Concello un proxecto de descontaminación das zonas afectadas no primeiro trimestre deste ano. Este proxecto deberá comezar a executarse ao longo do ano 2018.
 
3. Continuar adoptando, en coordinación e colaboración co Concello do Porriño as medidas preventivas necesarias para evitar riscos para a saúde das persoas.
 
4. Realizar un estudo da presenza do lindano en todo o Concello do Porriño e na súa contorna, tendo en conta as achegas e colaboración das veciñas e veciños afectados.
 
5. Dirixirse ao Estado para solicitar colaboración e apoio económico para a localización e retirada do lindano.
 
6.  Realizar  as  analíticas  pertinentes  á  veciñanza  que  reside  nos  lugares  onde  se confirme  a  presenza  de  residuos  tóxicos  que  superen  os  valores  máximos permitidos.
 
7. Colaborar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil e co Concello do Porriño para garantir o abastecemento inmediato de auga á poboación afectada”.
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina