saltar ao contido

Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 14 de febreiro de 2018

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na reunión do 14 de febreiro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 21473 (10/PL-000009)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
BOPG n.º 229, do 19.12.2017
 
G.P. Popular de Galicia (P):
Don Aurelio Alfonso Núñez Centeno (titular)
Dona Encarnación Amigo Díaz (suplente)
 
G.P. de En Marea (EM):
Dona Eva Solla Fernández (titular)
Dona Paula Vázquez Verao (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S):
Don Julio Torrado Quintela (titular)
Dona Noela Blanco Rodríguez (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
Dona María Montserrat Prado Cores (titular)
Dona Olalla Rodíl Fernández (suplente)
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 21180 (10/PNC-001742)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia de instalación de cambiadores de bebé en localizacións unisex nos edificios públicos da súa competencia
BOPG n.º 226, do 14.12.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover a instalación nos edificios públicos da súa competencia, de cambiadores de bebé en localizacións unisex, co fin de que podan utilizarse tanto por parte dos pais como das nais."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 22860 (10/PNC-001833)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia das obras de construción do novo centro de saúde no concello do Saviñao e a súa posta en funcionamento antes do remate da X lexislatura
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a a iniciar coa maior celeridade posible as obras de construción do novo centro de saúde no Concello de Saviñao e a por en funcionamento as novas instalación antes de finalizar a presente lexislatura."
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina