• O Parlamento de Galicia acolleu un acto institucional de homenaxe ás vítimas do Holocausto e ás vítimas galegas dos campos nazis
• Alumnado co IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros) deu lectura aos nomes dos galegos obrigados a subir nos trens da norte
• O presidente do Parlamento recorda a todas as vítimas do Holocausto e tamén aos exiliados españois que ao final da guerra civil foron confinados en campos de refuxiados no sur de Francia
• Recoñecemento tamén para o labor de persoas como diplomático Sanz Briz, para as irmáns Touza e para todas as persoas que axudaron aos perseguidos polos nazis
Santiago, 19 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde un acto institucional organizado co gallo da recente celebración do Día Internacional en Conmemoración das Vítimas do Holocausto (27 de xaneiro) e de homenaxe ás vítimas galegas dos campos nazis.
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou que “ante a barbarie e na defensa dos dereitos humanos; fronte aos totalitarismos –sexan do signo que sexan- e fronte á súa barbarie, non hai nin pode haber reservas entre os demócratas”.
Por iso, dixo Santalices, “celebro a reiterada unanimidade desta Cámara na condena do Holocausto, máis tamén para reclamar unha actitude inquebrantable fronte a posibles brotes de racismo, xenofobia ou discriminación baseados na orixe étnica o unas crenzas relixiosas das persoas”.
O acto comezou coa lectura dos nomes das 193 vítimas galegas dos campos nazis, persoas que foron obrigadas a subir aos trens da morte; unhas morreron nos campos de concentración, mentres que outras foron liberadas. A relación foi proporcionada pola Asociación Galega para a recuperación da Memoria Histórica e a lectura correu a cargo de alumnas e alumnos do IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros).
No vestíbulo principal do Parlamento de Galicia, escenario do acto, colocáronse 193 rosas brancas, aprisionadas por arame de espiño e ao carón do escudo de Galicia, como símbolo do “recordo imperecedoiro das 193 vítimas galegas deportadas aos campos nazis”.
Unha Galicia liberada das ataduras da ditadura
“Sirvan estas flores –afirmou o presidente do Parlamento- para simbolizar o recoñecemento ás vítimas dos campos nazis na Galicia actual, unha Galicia democrática, dotada das súas propias institucións de autogoberno xurdidas da Constitución española e do Estatuto de Autonomía; unha Galicia que, liberada para sempre das ataduras da ditadura, acubilla o recordo destas e de todas as vítimas, co agarimo e coa dignidade que todo ser humano merece, en especial os que loitaron pola liberdade e contra o fascismo”.
“A estas vítimas galegas –continuou Santalices- rendemos tributo na sede do poder Lexislativo galego, do mesmo xeito que homenaxeamos a memoria de todos os españois que foron deportados aos campos de exterminio, e á totalidade das vítimas do Holocausto, fose cal fose a súa orixe”.
Na súa intervención, o presidente do Parlamento recordou tamén aos exiliados españois que, ao remate da guerra civil, en 1939, foron confinados en campos de concentración no sur de Francia en condicións infrahumanas.
“Rendemos tributo, ademais –engadiu o titular do Lexislativo galego-, a cantas persoas, especialmente as e os heroes anónimos, desde as súas diversas responsabilidades, foron quen de enfrontarse á maldade extrema encarnada polo nazismo”.
Referiuse a persoas como o diplomático español Ángel Sanz Briz, coñecido como Anxo de Budapest, que salvou da morte a arredor de 5.000 xudeus, argumentando os vínculos destes con Sefarad.
Santalices recordou tamén ás irmáns Touza –Lola, Amparo e Julia-, tamén coñecidas como as Schlinder galegas, que desde Ribadavia deron soporte a unha rede que conduciu a Portugal, e desde alí a América, a varios centos de xudeus que fuxían do horror nazi.
“Uns e outras, e moitos máis desde o anonimato, constitúen exemplos de heroísmo en grao extremo, persoas que asumiron riscos elevadísimos sen máis recompensa que a da súa conciencia, tratando de axudar a quen estaba sentenciado de antemán por un réxime despiadado”, concluíu Santalices.
A xuízo do presidente do Parlamento “segue sendo necesario explicar aos máis novos qué foi o Holocausto e as súas causas”, do mesmo xeito que, como pide a UNU, resulta preciso “condenar sen reservas calquera manifestación de intolerancia relixiosa, incitación, acosou ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas en cuestións de carácter étnico ou relixioso”.
A UE, o mellor antídoto contra o totalitarismo
Aínda así, “hai moitas e poderosas razóns para o optimismo, comezando polas ferramentas coas que a propia Europa se dotou a si mesma para evitar repetir dramas do pasado”. Para Santalices, a Unión Europea , democrática e social, malia as súas disfuncións, segue a ser o mellor antídoto contra a barbarie e contra os totalitarismos que todos rexeitamos”.
O acto celebrado esta tarde responde a unha proposta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e foi organizado logo do acordo dos catro grupos parlamentarios representados na Cámara. Durante a celebración institucional, Elías González Docampo interpretou á zanfona dúas pezas musicais: O cego da faba e Negra Sombra. O acto rematou co Himno Galego.
ACTO INSTITUCIONAL CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL EN CONMEMORACIÓN DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO – HOMENAXE ÁS VITIMAS GALEGAS
LISTADO DEPORTADOS GALICIA (facilitado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica)
A CORUÑA
1. ALBEDRO VILLAVERDE, José
2. ALBITE MIRANDA, Silvestre
3. ARES ARIAS, Víctor
4. BARREIRO BUGLIOT , Manuel
5. BATALLA CANLE, Fernando
6. BECERRA TRIÑANEZ, José
7. BOURNASELL SAMPEDRO, Luis
8. BREGUA MURIÑO MOURIÑO, Adolfo
9. CAAMAÑO FERNÁNDEZ, Francisco
10. CAAMAÑO Teofilo
11. CALLÓN PEÓN, José
12. CAMAÑO NOVO, Isolino
13. CAMEÁN SAN ISIDRO, Juan
14. CASAL CHAO, Juan
15. CASTILLO SOUTELO, Adriano
16. CASTIÑEIRAS DÍAZ, Joaquín
17. CENDÁN RODRÍGUEZ, Antonio
18. CONDE NÚÑEZ, Víctor Manuel
19. CRIADO GABEIRAS, Vicente
20. FARIÑA CHOUCIÑO, Antonio
21. FERNÁNDEZ GARCÍA, Manuel
22. FERNÁNDEZ PARADA, Manuel
23. FERNÁNDEZ, Manuel
24. FIDALGO ANTELO, Daniel
25. FIDALGO PÉREZ, José
26. FIGUEROA LIRES, Manuel
27. GARCÍA DE LA CRUZ, Juan Clemente
28. GARCÍA GARCÍA, Avelino
29. GARCÍA LAGARES, Arturo
30. GARCÍA SEOANE, Pastor
31. GARCÍA SOBRIDO, José
32. GÓMEZ IGLESIAS, Francisco
33. GONZÁLEZ DEL VALLE, Juan
34. GONZÁLEZ REGUEIRO, José
35. GUZMÁN FERNÁNDEZ, Rufino
36. LAMELA MARCOTE, Ramón
37. LÓPEZ CRIADO, Leopoldo
38. LÓPEZ RAMA, José
39. LÓPEZ SOTO, Félix
40. LÓPEZ YÁÑEZ, Alfonso
41. MARTÍNEZ ARIAS, Julio
42. MARTÍNEZ CACHEIRA, José
43. MENDOZA COTO, Francisco
44. MILLÁN MARTÍNEZ, José
45. MÍNGUEZ CASTRO, José
46. MOLINA PALLARES, JOAQUIN
47. MONTERO, Francisco
48. MORGADE FEAL, Jesús
49. NAVEIRA CAMPOS, José
50. NAVEIRO COUSO, José
51. NOGUEROL OTERO, Felipe
52. OUBIÑA FERNÁNDEZ, Enrique
53. OUTEIRAL RÍOS, Marcelino
54. PARDAL POUSO, Marcelino
55. PEÑA LOSADA, José Andrés
56. PEÑA MARTÍNEZ, Manuel
57. PEÑA ( PENA ) ROMERO, Francisco
58. PEREIRA PÉREZ, José
59. PÉREZ, José
60. PERMUY PÉREZ, Manuel
61. PIÑEIRO AGULLEIRO, Manuel
62. PONTES PALMEIRO, Manuel
63. RAFALES LAMARCA, Luis
64. RAMOS GONZÁLEZ, Valentín
65. REY DOMÍNGUEZ, DEMETRIO
66. REY LAGO, Juan
67. RODRÍGUEZ LOURO, Manuel
68. RODRÍGUEZ TRILLO, Juan
69. RODRÍGUEZ VILLAR, Luis
70. RODRÍGUEZ, Emilio
71. ROMANÍ ABEIJÓN, Eduardo
72. ROMERO REBÓN, Carlos
73. SAN MIGUEL PRADA, Víctor
74. SÁNCHEZ GARCÍA, Eduardo
75. SANMARTÍN FERNÁNDEZ, Bernardo
76. SEIJAS ALLER, José
77. SEIJAS INSÚA, José
78. SERRANO NOGUEIRA, Antonio
79. SUÁREZ BLANCO, Antonio
80. TALLÓN CHARLÓN, Enrique
81. TALLÓN CHARLÓN, Francisco
82. VILLAR PIÑÓN, Manuel
LUGO
83. ALONSO LOSADA, Andrés
84. ARIAS LÓPEZ, Jesús
85. BAILÍN PÉREZ, Liberio
86. CANEDA MACÍA, José
87. CASTRO GANDOY, Benigno
88. CASTRO ORTEGA Ramón
89. COLMENERO FERNÁNDEZ, Miguel
90. DÍAZ HORTAS, Aureliano
91. DÍAZ ORTAS, Victorino
92. DOMÍNGUEZ NÚÑEZ, Manuel
93. DOVAL REIJA, Enrique
94. FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, José
95. FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Manuel
96. FERNÁNDEZ PÉREZ, José
97. FERNÁNDEZ SANTÍN, José
98. FERRO, Salvador
99. GARCI-CABALLERO QUINTANO, Joaquín
100. GÓMEZ, Francisco
101. GÓMEZ LÓPEZ, Ramón
102. GONZÁLEZ PILLADO, Juan
103. LAMELAS LÓPEZ, Manuel
104. LÓPEZ CALOTO, Benigno
105. LÓPEZ DIGÓN, Jesús
106. LÓPEZ LÓPEZ, Ricardo
107. LÓPEZ REYMONDEZ, Octavio
108. MARTÍNEZ PARADA, Cástor
109. MÉNDEZ LÓPEZ, Jesús
110. MURADO MAZOY, Jesús
111. OTERO SAAVEDRA, Francisco
112. PARDO, Manuel
113. PARDO VALES , Rafael
114. PÉREZ DÍAZ, Marcelino
115. PETEIRA BASANTA, Servando
116. SANTÍN AIRA, Balbino
117. SOUTO VILARES, Agustín
OURENSE
118. ÁLVAREZ BERNARDO, Abilio
119. ARAUJO GONZÁLEZ, Antonio
120. BALBOA GARCÍA, Joaquín
121. BLANCO VALCÁRCEL, Serafín
122. CONDE RAMOS, Ramón
123. CORTEZ, Francisco
124. DIEGUEZ BLANCO, Antonio
125. DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ, Julio
126. DURÁN DURÁN, Santiago
127. FERNÁNDEZ CID Eliberto
128. FERNÁNDEZ LORENZO, Tiberio
129. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Jesús
130. FOLIA ARIAS, Benedicto
131. FORMOSO FERNÁNDEZ, Eligio
132. GARCÍA RODRÍGUEZ, José
133. GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Albino
134. GONZÁLEZ PRADA, Isauro
135. IGLESIAS GONZÁLEZ, Francisco
136. IGLESIAS GRANDE, Luis
137. LÓPEZ MARTÍNEZ, Manuel
138. MOSQUERA GONZÁLEZ, José
139. PÉREZ, Antonio
140. PÉREZ LÓPEZ, Magín
141. PÉREZ RODRÍGUEZ, Avelino
142. PIÑEIRO CONDE, Egidio
143. RAJÓ LORENZO, Julio
144. REY DOMÍNGUEZ, Demetrio
145. RIVADA NOVOA, José
146. RODRÍGUEZ OLLERO, Verísimo
147. SOUTOLLO IGLESIAS, Manuel
148. SUÁREZ GALLEGO, Alberto
149. VÁZQUEZ ESTÉVEZ, Jaime
150. VÁZQUEZ GONZÁLEZ, Antonio
151. VÁZQUEZ VALDOMINOS, Jesús
152. VILLAR FEBRERO, Antonio
153. YEBRA DACOBA, Manuel
PONTEVEDRA
154. CAMESELLE FERNÁNDEZ, Agustín
155. CASTRO MORALES ( MOLARES) , Domingo
156. CORTEGOSO RODRÍGUEZ, Macario
157. COTO MARTÍNEZ, Manuel
158. DÍAZ RIBAS, Ramón
159. ESPASANDÍN Manuel
160. FERNÁNDEZ CID, Eliberto
161. FERNÁNDEZ GUTIÉRREZ, Manuel
162. FERRADAS PASTORIZA, José
163. FERREIRO ÁLVAREZ, Martín
164. GARCÍA RODRÍGUEZ, José
165. GARRIDO VIDAL, Ramón (Alias: CARRERO MESTRE, León)
166. GÓMEZ CORTÉS, Ángel
167. GÓMEZ TORRES, Antonio
168. GONZÁLEZ BASTOS, ARTURO
169. GONZÁLEZ VÁZQUEZ, José
170. HOYA ALONSO, Antonio
171. IGNACIO ÁLVAREZ /ALVEZ , Antonio
172. LAFUENTE POSE, Alejandro
173. LAMAS, Antonio
174. MARIÑO LAGO, Marcelino
175. MARTÍNEZ, Eudaldo
176. MARTÍNEZ PEREIRA, Jaime
177. MIGUEZ PAZOS, Olimpio
178. MUÑIZ HERMIDA , Ramon
179. NOVOA BROVA, José
180. NÚÑEZ TARGA, Mercedes
181. OTERO ABION, Marcial
182. PIÑEIRO OTERO, Antonio
183. QUINTANS ROMERO, Antonio
184. REY CRUZ, Manuel
185. RODRÍGUEZ ABAD, Antolín
186. RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, JOSÉ
187. RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Ricardo
188. RODRÍGUEZ OTERO, Francisco
189. SÁNCHEZ JALDA, Manuel
190. SANMARTÍN ABILLEIRA, Urbano
191. TIZÓN VÁZQUEZ, Claudio
192. VARELA LOUREIRO, Francisco
193. VILA ÁLVAREZ, MARCELINO