A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na reunión do 14 de marzo de 2018, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos relativos a outras institucións e órganos
Consello de Contas: Programa Anual de Traballo
Aprobación das recomendacións pola Comisión
- 21910 (10/CPAT-000002)
Consello de Contas
Plan anual de traballo do Consello de Contas de Galicia para o ano 2018
BOPG n.º 236, do 10.01.2018
Recomendación núm.1
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a continuar aproximando os Informes da Conta Xeral da Comunidade Autónoma, da Conta Xeral do Sergas e o Informe de actividade económico-financeira das entidades públicas dependentes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma, ao exercicio en curso, con independencia da presentación dos restantes informes de fiscalización selectiva.
Recomendación núm. 2
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a manter con carácter periódico os Informes sobre a Actividade Económico-financeira das Entidades Públicas dependentes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.
Recomendación núm. 3
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a que continúe avanzando nos traballos para facilitar a rendición telemática da Conta Xeral da Administración Autonómica no seo da comisión mixta formada por representantes do Consello de Contas e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma creada pola Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.