saltar ao contido

O presidente do Parlamento de Galicia efectúa unha visita institucional á sede da AECC de Ourense no seu 25 aniversario

Santiago, 14 de marzo de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, efectuou esta mañá unha  visita institucional á sede ourensá da Asociación Española Contra o Cancro co gallo das actividades conmemorativas do 25 aniversario da creación desta entidade na provincia.
 
A xuízo do presidente da Cámara galega, que tamén asinou no libro conmemorativo do 25 aniversario  da organización, este cuarto de século de esforzo e traballo desinteresado da AECC en Ourense a teñen feito merecedora do recoñecemento social unánime. Destacou tamén a importancia do acompañamento e o apoio psicolóxico nas enfermidades oncolóxicas, labor que destaca entre os diferentes programas que impulsa a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.
 
O presidente do Parlamento tivo tamén verbas de agradecemento  para o traballo de todas as persoas que durante estes 25 anos fixeron posible o funcionamento da AECC de Ourense.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina