2.3 30874 (10/MOC-000090)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa incidencia urbanística do Regulamento xeral de estradas de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28982, publicada no BOPG n.º 293, 18.04.2017, e debatida na sesión plenaria do 08.05.2018)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a abordar antes do fin de 2018, con representación de deputacións e concellos, os criterios de aplicación do artigo 137 do Regulamento xeral de estradas de Galicia:
1.- Estudar con técnicos da administración autonómica, provincial e municipal as consecuencias da aplicación do texto da regulación contida no artigo 137 do Regulamento xeral de estradas de Galicia.
2.- Unha vez aprobada a nova orde de accesos e completado o marco normativo en materia de estradas, avaliar no seu conxunto, xunto con concellos e deputacións, este marco normativo e, en concreto, a aplicación do artigo 137 do Regulamento baseándose en criterios de seguridade viaria, intensidade de tráfico, funcionalidade e explotación das estradas”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.