saltar ao contido

Aprobación de resolucións relativas ás Directrices de Ordenación do Territorio, 30.12-2010

Programas e plans: 2
 
A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do día 30 de decembro de 2010, adoptou, por 7 votos a favor, 0 en contra e 0 abstencións, o seguinte acordo:
 
aprobación das seguintes resolucións relativas ás Directrices de ordenación do territorio.
 
08/PEP-0002(56333)
 
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
 
Directrices de ordenación do territorio aprobadas na reunión do Consello da Xunta de Galicia do día 16 de decembro de 2010
 
BOPG núm. 379, do 22.12.2010
 
Apróbanse as resolucións seguintes:

Resolución número 1 (número 26 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- No punto de "Desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, das áreas empresariais e das actividades produtivas", na epígrafe 3.1 das determinacións para o desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, e dentro das determinacións excluíntes, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a modificar o punto 3.1.8 engadindo entre "... actividades económicas..." e "... de cara a..." substituíndo "nomeadamente as agrarias" polo seguinte texto: " ... que se desenvolvan ligadas ao medio rural, nomeadamente as agroalimentarias, gandeiras e forestais...".

Resolución número 2 (número 27 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- No punto de "Desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, das áreas empresariais e das actividades produtivas", na epígrafe 3.1 das determinacións para o desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, e dentro das determinacións excluíntes, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a engadir no punto 3.1.8 ao final do texto o seguinte: "..., a conservación do medio natural e do contorno, e unha actividade agraria competitiva e sostible".

Resolución número 3 (número 28 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562) .
- No punto de "Desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, das áreas empresariais e das actividades produtivas", na epígrafe 3.1 das determinacións para o desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, e dentro das determinacións excluíntes, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a engadir no punto 3.1.11 entre "... necesidades de crecemento..." e "...así como ..." o seguinte: "... que teñan en conta criterios socioeconómicos...", e engadir entre "... tipoloxía do modelo de asentamentos rurais,..." e "... identificando as..." o seguinte: "..., que co menor impacto posible sobre o medio  se integren no contorno...".

Resolución número 4 (número 29 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- No punto de "desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, das áreas empresariais e das actividades produtivas", na epígrafe 3.1 das determinacións para o desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, e dentro das determinacións excluíntes, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a engadir no punto 3.1.13, entre  "... labores agrarios..." e "... así como " o seguinte texto: "..., a diversificación e promoción das producións agrarias, e o aproveitamento e dinamización dos recursos endóxenos...", e mais entre "... coa natureza..." e "... e a interpretación da paisaxe" o seguinte texto: "e a conservación do medio natural e da biodiversidade...".

Resolución número 5 (número 31 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- Nas determinacións para o desenvolvemento das áreas empresariais-Determinacións orientativas do punto 3, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia no punto 3.2.5 a engadir entre "... de certa dimensión..." e "... que deberán..." o seguinte texto: "... con limitacións específicas, que deben integrarse no contorno, co menor impacto posible...".

Resolución número 6 (número 32 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- No punto 3.3.1 das determinacións para o desenvolvemento das actividades produtivas no medio rural-Determinacións orientativas, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a engadir entre "... concentracións parcelarias..." e "... ordenación de cultivos..."  o seguinte texto : "..., agrupacións de propietarios, ordenación forestal...".

Resolución número 7 (número 35  do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- No punto 3.3.6 de "Agricultura, gandaría e aproveitamentos forestais"-Determinacións excluíntes, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a engadir ao final do texto o seguinte: "... e de sostibilidade".

Resolución número 8 (número 44 do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 56562).
- No punto das determinacións para os núcleos interiores vinculados ao patrimonio rural-Determinacións orientativas, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a modificar o punto 3.4.3 engadindo despois de "... permita...", entre "... fixar poboación...", o seguinte texto: "xerar e manter emprego e...".
 
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina