4.3 29465 (10/PNP-002154)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun informe respecto das posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit, en termos comerciais, en relación cos produtos pesqueiros galegos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a elaborar un informe sobre as posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit en termos comerciais en relación aos produtos pesqueiros galegos.”
4.5 29822 (10/PNP-002189)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa certificación, concesión de axudas e cesión dos montes veciñais en grave estado de abandono a todas aquelas comunidades de montes veciñais en man común que estean en cumprimento de todas as súas obrigas legais, en especial, no referido á aprobación dos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
1. A que, a través da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, certifique a aquelas comunidades de montes veciñais en man común en Galicia que estean en cumprimento das súas obrigas legais, especialmente no relativo á aprobación dos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
2. A que a tenza desa certificación supoña un criterio puntuable na concesión de axudas públicas nas que poidan ser beneficiarias as comunidades de montes.
3. A que dita certificación supoña tamén un criterio para primar, na cesión dos montes veciñais en grave estado de abandono, mediante un sistema obxectivo, ás comunidades de montes que cumpran a totalidade das súas obrigas legais e dispoñan de instrumento de ordenación ou xestión forestal para os seus montes.
4. Impulsar a posta en marcha dos instrumentos de ordenación e xestión forestal nas comunidades de montes veciñais nas que non existan e potenciar a aplicación dos instrumentos de ordenación e xestión forestal nas comunidades onde existan, pero non cumpran coa totalidade das súas obrigas”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.