A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 21 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 36139 (10/PNC-002899)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e seis deputados/as máis
Sobre o fomento por parte do Goberno galego da participación de Galicia en experiencias internacionais de intercambio e coñecemento con países e rexións que teñan en marcha tamén iniciativas de mobilización das terras agrarias
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a fomentar a participación de Galicia en experiencias internacionais e coñecemento con países e rexións que teñan en marcha tamén iniciativas de mobilización das terras agrarias".