A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 27 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 33711 (10/PNC-002762)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e sete deputados/as máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia do proxecto da estación intermodal da Coruña
BOPG n.º 344, do 01.08.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"1.-Axilizar a tramitación necesaria correspondente ao proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña, da man do Concello da Coruña e en coordinación coa Administración Xeral do Estado, acurtando no posible os prazos para a redacción, de novo, do proxecto básico e de execución desta terminal, para tratar de minimizar as consecuencias do retraso que ten suposto a introdución de novos criterios, por parte do Concello da Coruña, no proxecto básico que xa estaba redactado.
2.- Solicitar do Concello da Coruña que, segundo o acordado, remita á maior brevidade a proposta de convenio marco específico entre a Xunta, Concello e ADIF que sente as bases da colaboración entre administracións e estableza o reparto de responsabilidades de cada una das partes no desenvolvemento da estación intermodal da cidade.
3.- Dirixirse ao Concello da Coruña para que realice, canto antes as adaptacións urbanísticas necesarias, que son da súa competencia, para o desenvolvemento da futura intermodal."
4.-A procurar, a través dos diferentes mecanismos ao seu alcance, a financiación necesaria para desenvolver este proxecto."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 35469 (10/PNC-002859)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e cinco deputados/as máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da apertura e posta en funcionamento das pasarelas de evacuación dos carrís exteriores da ponte de Rande
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar ao goberno do Estado a inmediata apertura e posta en funcionamento das pasarelas de evacuación dos carrís exteriores da ponte de Rande."