saltar ao contido

Acordos da Comisión 3ª. Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o día 28.09.2018

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 28 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 35455 (10/PNC-002858)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a realización polo Goberno galego dunha avaliación do impacto en Galicia da aplicación do Código de boas prácticas bancarias, así como a demanda ao Goberno central das modificacións lexislativas oportunas para regular unha moratoria para as persoas que non poden afrontar o pagamento da súa hipoteca e a dación en pagamento da súa vivenda
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
Sométese a votación separada por alíneas:
 
Alínea 1: Resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
Alínea 2: resulta aprobada  pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Estado as modificacións lexislativas oportunas para que se regule una moratoria e a dación en pago para as persoas que non poden afrontar a súa hipoteca e se incremente o nivel de esixencia do Código de Boas Prácticas."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 33391 (10/PNC-002737)
Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e Lago Peñas, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto que vai ter no futuro a automatización no mercado laboral
BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar un informe acerca do impacto futuro da automatización no mercado laboral que permita deseñar un plan de adaptación, co obxecto de garantir o emprego de calidade."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina