saltar ao contido

Acordos da Comisión Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 17.10.2018

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 17 de outubro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 37090 (10/PNC-002996)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa situación que están a vivir os emigrantes retornados de Venezuela a consecuencia da demora do Goberno dese país no pagamento das súas pensións
BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
-Solicitar ao Goberno do Estado que tome as medidas oportunas para solucionar a situación que están a vivir todos os emigrantes retornados de Venezuela, que teñen recoñecida unha pensión polo Goberno venezolano pero que non se lles está facendo efectiva dende hai case 3 anos, mediante a concesión do complemento de mínimos ou a prestación non contributiva que lles puidese corresponder por parte do Estado español.
 
-Modificar o criterio de xestión e concesión das pensións non contributivas por parte da Consellería de Política Social mentres se dan as circunstancias expostas, para incluír a efectiva percepción doutra pensión sempre que o Imserso adopte este criterio nas súas instrucións.
 
-Axilizar o protocolo especial para a atención integral das galegas e galegos retornados de Venezuela."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina