saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 18-10-2018

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 18 de outubro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 36829 (10/PNC-002967)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento do inicio da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade do tramo da estrada N-551, na intersección da N-550 e a ponte internacional de Tui, así como a posta en valor desa ponte de acordo co seu carácter patrimonial e cultural
BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que se dirixa ao Ministerio de Fomento co fin de solicitarlle que inicie o antes posible a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria e accesibilidade do tramo da N-551 na intersección da N-550 e a Ponte Internacional de Tui, así como a adecuación da Ponte ao seu valor patrimonial e cultural.
 
Así mesmo, acórdase instar á Xunta de Galiza a acelerar o cumprimento do acordo unánime da Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 18 de xaneiro de 2018 respecto das actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a seguridade viaria do Camiño Portugués.”

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina