2.1 37732 (10/MOC-000106)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación económica e social de Galicia. (Moción consecuencia da interpelación n.º 34252, publicada no BOPG n.º 349, do 31.08.2018, e debatida na sesión plenaria do 25.09.2018)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 03.10.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dar resposta ás demandas que formula o Consello Económico e Social de Galicia na súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia en 2017, en especial as referidas á situación do mercado de traballo e relacións laborais, nas que `demanda que se avance cara un modelo de crecemento máis inclusivo, con menos desigualdades e cunha distribución da riqueza mais equitativa’ e a necesaria mellora na calidade do emprego ‘especialmente no que atinxe á alta taxa de temporalidade, á curta duración dos contratos e á alta rotación’ ”.