A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 14 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 37543 (10/PNC-003014)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas actuacións da actual familia titular do pazo de Meirás para evitar a súa devolución ao patrimonio publico, así como a actuación que debe levar a cabo o Goberno central para ese fin
BOPG n.º 365, do 03.10.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galiza acorda como resolución reprobar as argucias da familia Franco para intentar boicotear o proceso de devolución do Pazo de Meirás, e insta a Xunta de Galicia para que requira ao Goberno do Estado a que active con urxencia a demanda legal consonte o indicado na conclusión final do Informe da comisión de expertos, de acordo coa vontade unánime expresada o pasado 11 de xullo no Pleno do Parlamento de Galiza.”