3.3 45124 (10/MOC-000123)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de violencia de xénero. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 39868, publicada no BOPG nº 383, do 14.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
O texto aprobado é o seguinte:
“Por eso hoxe solicitamos ao Parlamento de Galicia a que reafirme o seu compromiso coa igualdade e contra a violencia machista así como coa consecución inmediata dun Pacto galego contra a violencia machista, e insta a Xunta de Galicia a:
1. Impulsar decididamente as medidas contidas no Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero de Congreso e Senado co obxectivo de combater o terrorismo machista, que ten o seu caldo de cultivo nunha cultura e educación profundamente antidemocrática e que parte da idea da superioridade do home sobre a muller.
1.1. Para isto a Xunta de Galicia comprométese a remitir, ou incorporar como addenda no vindeiro informe anual que se elabora ao abeiro da Disposición Adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, información detallada sobre a concreción das actuacións financiadas polo Estado, de forma que se poida avaliar o alcance da aplicación do Pacto Estatal por parte dos ámbitos implicados na prevención e no tratamento da violencia machista.
2. Manifestar a súa repulsa a todas as manifestacións da devandita violencia, o seu compromiso coas vítimas e declarar tolerancia cero cos maltratadores
3. Expresar o seu rexeitamento a calquera posicionamento político que propugne a eliminación ou minoración das medidas de protección das mulleres fronte á violencia machista, así como o drama social e as consecuencias que ten para as vítimas.
4. A rexeitar a adopción de calquera tipo de acordo, explícito ou implícito, con formacións que plantexan a supresión ou redución das medidas de protección das mulleres, dando así cobertura a políticas irresponsables que levan un altísimo risco de agravar o problema.
5. No marco do reforzo das iniciativas para combater esta secuela, a comprometerse a impulsar a aplicación da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e a Lei 12/2016, do 22 de xullo, de modificación da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento Integral da violencia de xénero, en coordinación con todos os poderes públicos, tanto locais como autonómicos e estatais.
6. Para o seguimento por parte do Parlamento Galego, a Xunta de Galicia comprométese a facilitar o punto 1.1. así como un debate anual ao respecto, conforme o comprometido verbalmente polo vicepresidente da Xunta de Galicia.
7. Garantir o cumprimento do Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, coñecido como o Convenio de Estambul.
8. Iniciar, durante o primeiro semestre do ano 2019, a posta en marcha dos acordos parlamentarios tomados o 12 de abril e o 11 de setembro de 2018, acerca da elaboración dunha macroenquisa galega sobre a incidencia das violencias machistas ao longo do ciclo de vida das mulleres, e dar conta e facer partícipe da elaboración desta á Comisión Permanente de Estudo para a Igualdade e para os dereitos das Mulleres”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.