saltar ao contido

Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 20-02-2019

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 20 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 45399 (10/PNC-003654)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego en relación coa negociación dun novo convenio colectivo polo Grupo Endesa
BOPG n.º 430, do 13.02.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitarlle ao Goberno de España:
 
1) Que exixa ao Grupo Endesa retomar a negociación dun novo convenio marco, respectando a actual mesa negociadora, e mentres este non se formalice, manter activas as condicións establecidas no IV Convenio Marco.
 
2) Aplicar o disposto no IV Acordo Marco para o Emprego e a Negociación Colectiva 2018-2020 asinado en xullo de 2018 co consenso dos axentes sociais."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina