A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 12 de marzo de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de marzo de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto lexislativo
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, de memoria histórica democrática de Galicia (doc. núm. 38857, 10/PPL-000028)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
Punto 2. Comparecencias
2.1 46813 (10/CPP-000094)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar do novo modelo de atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
Acumúlase na anterior, a seguinte:
2.2 46741 (10/CPP-000093)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición dos Grupos Parlamentarios de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta do novo modelo de atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
2.3 47234 (10/CPP-000095)
Do Sr. conselleiro de Cultura e Turismo, por petición propia, para informar da posta en marcha dos novos plans e medidas en materia de turismo
Punto 3. Mocións
3.1 47155 (10/MOC-000129)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co tratamento das informacións en materia de igualdade. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 44014, publicada no BOPG n.º 417, do 23.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2019)
3.2 47158 (10/MOC-000130)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre as melloras que debe implementar e impulsar a Xunta de Galicia en relación coa rede de centros de información á muller. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 44310, publicada no BOPG n.º 423, do 31.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2019)
3.3 47162 (10/MOC-000131)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 25183, publicada no BOPG n.º 260, do 14.02.2018, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2019)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 6062 (10/PNP-000523)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Concello de Vigo para que retorne ao consenso acadado para a modificación da Lei da área metropolitana de Vigo e ao cumprimento desta, así como do cumprimento do convenio asinado en materia de transporte metropolitano garantindo as mesmas tarifas para todas as persoas usuarias con independencia do seu lugar de procedencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
4.2 42689 (10/PNP-003205)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre o impulso da Xunta de Galicia para convocar unha xuntanza da mesa sectorial que trate os problemas específicos dos colectivos de profesionais de PAC, servizos de urxencias e transporte sanitario urxente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
4.3 43460 (10/PNP-003247)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para a mellora da situación da atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
4.4 44557 (10/PNP-003328)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Novo Fariña, María Isabel e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de cubrir as vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia e de incrementar os seus efectivos ata un mínimo de catrocentos setenta e cinco
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
4.5 44794 (10/PNP-003350)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun plan de mellora da atención primaria, así como as actuacións que debe levar a cabo en relación coa dotación de persoal e horarios de traballo dos puntos de atención continuada
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
4.6 45209 (10/PNP-003393)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa asunción de novas competencias pola Comunidade Autónoma
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
4.7 45704 (10/PNP-003429)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe impulsar o Goberno galego para a incorporación de cláusulas de igualdade na contratación pública de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
4.8 46293 (10/PNP-003467)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa fenda salarial de xénero e as desigualdades existentes no mercado laboral, así como coa revalorización das pensións
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 434, do 20.02.2019
Punto 5. Interpelacións
5.1 37279 (10/INT-001243)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
Sobre os criterios do Goberno acerca da normativa do galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
5.2 41768 (10/INT-001396)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co sector da industria electrointensiva galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
5.3 44325 (10/INT-001451)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a política do Goberno galego en materia de vivenda protexida
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 47245 (10/POPX-000133)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a incidencia que está a ter a xestión do Goberno galego en materia de política industrial
6.2 47251 (10/POPX-000134)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da eliminación do coñecemento da lingua galega como requisito para acceder á función pública
6.3 47252 (10/POPX-000135)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para afrontar os riscos para o autogoberno de Galicia derivados das ameazas de recentralización
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 44042 (10/POP-005264)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 4 máis
Sobre a posta en marcha do I Plan de igualdade da Administración xeral da Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
7.2 47232 (10/PUP-000229)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir a conexión prioritaria da vía ártabra coa autovía A-6 co fin de darlle efectivo servizo á área metropolitana da Coruña
7.3 47241 (10/PUP-000230)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto do Plan director para o corredor atlántico de mercadorías presentado recentemente polo Ministerio de Fomento
7.4 46095 (10/POP-005490)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
Sobre os obxectivos da posta en marcha nos centros educativos dunha campaña de concienciación infantil e xuvenil a favor da minaría en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 434, do 20.02.2019
7.5 47212 (10/PUP-000228)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo ou previstas polo Goberno galego para favorecer o mantemento da actividade produtiva da empresa Poligal en Narón
7.6 47250 (10/PUP-000231)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 2 máis
Sobre as actuacións de carácter político, administrativo e lexislativo que vai desenvolver o Goberno galego para evitar ou desincentivar a deslocalización de empresas moi rendibles e imprescindibles para o tecido industrial e produtivo de Galicia
7.7 46380 (10/POP-005520)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 8 máis
Sobre as liñas mestras que vai seguir a política do Goberno galego para continuar avanzando nos eidos da igualdade e da coeducación en Galicia nos vindeiros anos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
7.8 45580 (10/POP-005434)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto da atención sanitaria que se está a prestar na comarca de Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
7.9 45761 (10/POP-005457)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a valoración do Goberno galego da atención pediátrica no concello de Zas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente