Santiago, 11 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista e en memoria das últimas vítimas galegas: unha muller natural de Sober asasinada en Madrid o pasado venres e unha muller asasinada onte en Valga.
Na concentración, encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, participaron membros da Mesa, portavoces, deputadas e deputados, persoal da Cámara e do Valedor do Pobo.