saltar ao contido

Visita institucional do embaixador de Turquía ao Parlamento de Galicia

Santiago, 25 de marzo de 2019.- O embaixador da República de Turquía en España, Cihad Erginay, efectuou esta mañá unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita enmárcase na rolda de contactos que o diplomático turco está a manter despois da súa recente toma de posesión como embaixador en España.
 
Santalices Vieira interesouse polas relacións entre España e Turquía e fixo votos polo seu fortalecemento. O diplomático turco foi convidado a asinar no libro de ouro do Parlamento de Galicia e, rematada a entrevista, tivo ocasión de efectuar unha visita ás diferentes dependencias do Pazo do Hórreo.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina