saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do 29-02-2019

 
A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 29 de marzo de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 40910 (10/PNC-003320)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e nove deputados/as máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación co remate dos treitos A Lavacolla-Arzúa, Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei da autovía A-54, Lugo-Santiago de Compostela
BOPG nº 394, do 05.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para:
 
1.Solicitarlle información respecto aos prazos e previsións que manexa para o remate dos tres treitos que quedan pendentes para completar a autovía A-54, Lugo-Santiago.
 
2.Demandarlle axilidade na execución das obras pendentes co obxectivo de que o treito A Lavacolla-Arzúa poida estar finalizado no primeiro semestre de 2019; e que os tramos Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei se rematen no ano 2020.»
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 42995 (10/PNC-003463)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e dous deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa modificación da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, para os efectos de regular a delimitación de vivenda baleira e o establecemento do dereito de tanteo e retracto
BOPG nº 414, do 18.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«1.  O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado, así como aos grupos parlamentarios que se constitúa e constitúan despois das eleccións xerais de abril do 2019, para os efectos de introducir na normativa básica estatal a definición e delimitación de vivenda baleira que posibilite a aplicación polos concellos das recargas que prevé a Lei reguladora das facendas locais.
 
2. No suposto de que nos seis meses seguintes á constitución do goberno non se aprobase tal introdución, a Xunta presentará, dentro dos dous meses seguintes ao remate do prazo anterior, un proxecto de lei de modificación da Lei 8/2012, de vivenda de Galicia, para os efectos do sinalado no apartado 1.»

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina