Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Carmen Rodríguez Dacosta como deputada Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. A nova deputada da circunscrición de Ourense substitúe a Raúl Fernández Fernández, falecido recentemente.
Carmen Rodríguez Dacosta (Ourense, 1969) é licenciada en Dereito e técnica en Prevención de Riscos Laborais.
Asesora Xurídica do Sindicato UGT Galicia dende o ano 1996, ocupación que desempeña na actualidade. Formadora en cursos de Administración, Xestión, Documentación de empresas e outros durante os anos 1994 e 1995. Directora Xeral de Persoal e Recursos Humanos no Concello de Ourense dende xullo de 2013 ata marzo do 2015. Delegada de Persoal da Xunta de Galicia desde agosto de 2005 a 23 de abril de 2009. Delegada de Persoal e Recursos Humanos no Concello de Ourense dende maio do 2009 a maio do 2013 (Con delegación competencial). Concelleira no Concello de Ourense dende maio de 2015 ata maio de 2019.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.