saltar ao contido

O Parlamento de Galicia elixe dous membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela

 
Santiago, 22 de outubro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá a dous membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase de Rosa Blanca Rodríguez Gutiérrez,  proposta polo Grupo Parlamentario Popular; e de Ramón Medina González-Redondo, por proposta do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia.
 
Rosa Blanca  Rodríguez Gutiérrez, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC,  é administradora de Espina & Delfín, S.L., vicepresidenta do Club Financiero de Santiago de Compostela e membro do Pleno da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
 
Ramón Medina González-Redondo é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola UNED. Exerceu como médico de atención primaria e técnico de saúde pública. Foi  subdirector xeral de Promoción e Protección da Saúde e director xeral de Saúde Pública.  Ex-presidente de UNICEF-Galicia.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina