saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de outubro de 2019

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 57471 (10/MOC-000159)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar as actuais condicións laborais no sector do telemárketing, así como para evitar a deslocalización e a perda de postos de traballo. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 52802, publicada no BOPG nº 512, do 29.7.2019, e debatida na sesión plenaria do 8.10.2019)
BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 

 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Dar cumprimento de inmediato aos acordos tomados na Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 2 de outubro, respecto á situación das empresas auxiliares de R Cable.
 
2. Adoptar un papel activo de mediación, a través da Consellería de Industria, reunirse cos representantes sindicais e dirixirse a R Cable e Euskaltel para que senten nunha mesa de negociación cos traballadores e traballadoras con vistas a reverter a actual situación que ameaza a permanencia de empregos en Galicia para que estes servizos continúen a ser prestados na nosa comunidade.
 
3. Realizar un estudo sobre as condicións laborais no sector do telemárketing avaliando a situación das contratacións, a calidade do emprego, a existencia de riscos laborais e as consecuencias na saúde das traballadoras e traballadores, no actual período de sesións.
 
4. Constituír unha mesa do sector dotelemárketing, con representantes da patronal e dos traballadores e traballadoras, con vistas a acadar acordos a medio prazo estables que diminúan a precariedade e a temporalidade do sector, mellorando as condicións do traballo e limitando a subcontratación.»
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina