saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de outubro de 2019

 
6.2 46906 (10/PNP-003523)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas peaxes e as obras executadas e comprometidas na autoestrada AP-9, así como a súa conexión coa Vía Ártabra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Goberno do Estado:
 
1.- Un compromiso expreso de que non se van a aplicar novas subidas extraordinarias nas peaxes da AP-9.
 
2.- Un compromiso claro de que as novas obras acometidas en relación á autoestrada non sexan financiadas con cargo a novos incrementos de peaxes aos usuarios. Neste sentido,  debe  proceder  á  contratación  e  execución  das  obras  comprometidas  para  a mellora  das  conexións  da  autoestrada  (Alfonso  Molina  na  Coruña,  Enlace  Orbital    en Santiago,  Nó  de  Bombeiros  en  Pontevedra,  medidas  compensatorias  en  Chapela,  e integración urbana do ramal de entrada a Vigo). 
 
3.- A  autorización da conexión da Vía Ártabra coa AP-9.
 
4.-  A  activación  á  maior  brevidade  da  liberación  da  peaxe  entre  Redondela  e  Vigo comprometida polo Ministerio de Fomento.
 
5.- A posta en marcha un sistema de bonificación de peaxe para usuarios frecuentes da autopista de, cando menos, o 25% do itinerario de ida e volta.”
 
6.6 56842 (10/PNP-004199)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
Sobre a activación pola Xunta de Galicia, en coordinación co Goberno central, dos plans de continxencia para o Brexit nos ámbitos da súa competencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  activar  coa  máxima urxencia  os  Plans  de  continxencia  para  o  Brexit  nos  ámbitos  da  súa competencia, en coordinación co Goberno de España”.

6.7    56882 (10/PNP-004202)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa decisión de Endesa de impulsar a descontinuidade da produción na central térmica das Pontes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar  conxuntamente  con  sindicatos  e  outros  axentes  sociais,  económicos  e institucionais unha mesa de traballo, en colaboración co Goberno de España, para un programa de actuacións en relación coa central térmica de As Pontes que contemple:
 
a) A negociación coa empresa para o mantemento durante o máximo tempo posible da produción de enerxía na central, dentro dos marcos da descarbonización pactada na UE.
 
b)  A negociación coa empresa para que poña en marcha, logo das análises pertinentes, alternativas  para  a  produción  de  enerxía  na  central  a  partir  de  fontes  diferentes  ao carbón (biomasa, lodos de depuradora, residuos agrarios,....)”.

 
6.9 57089 (10/PNP-004219)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa política enerxética que está a seguir, a adopción de medidas para garantir o funcionamento da central térmica das Pontes de García Rodríguez ata o ano 2045 e a posta en marcha da Estratexia de transición xusta de Galicia.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que esixa ao Goberno de España que rectifique a súa política enerxética e tome as medidas necesarias, particularmente as solicitadas por este Parlamento o 11 de setembro de 2019, que permitan garantir o funcionamento da central térmica das Pontes de García Rodríguez o tempo necesario para acadar unha alternativa viable, así como que proceda á negociación urxente dun convenio de colaboración para a posta en marcha da Estratexia de Transición Xusta en Galicia, como xa está a facer na maioría das comunidades autónomas, e que inclúa a Galicia nas axudas europeas para as zonas mineiras afectadas pola transición enerxética.
 
Asemade, o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que solicite que desde o Ministerio de Transición Enerxética se realicen as xestións oportunas para incluír a Galicia na “Platform on Coal and Carbon-Intensive Regions” e no Equipo-País, xa que a nosa comunidade cumpre claramente os requisitos esixidos para ser membro de ambas”.  

 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina