saltar ao contido

Convocatoria dunha sesión plenaria específica o próximo día 19 de novembro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión plenaria específica, o próximo día 19 de novembro de 2019, ás 10.00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de novembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto único.  Designación de senadoras ou senadores representantes da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 165.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia).
  
 
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina