saltar ao contido

Encarnación Liñeiro Pouso toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia


Santiago, 3 de decembro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Encarnación Liñeiro Pouso (1974) como deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pola circunscrición da Coruña. Substitúe a Xaquín Fernández Leiceaga.
 
Filla de emigrantes, naceu e criouse ata os 10 anos en Edimburgo (Escocia). Logo trasladouse a Camariñas, onde cursou a maior parte dos seus estudos, incluíndo unha Escola Taller de Formación de Medio Ambiente e sacou o título de Monitor de Tempo Libre. Nai xoven, compaxinou os estudos coa crianza da súa filla. Ten estudos en Comunicación e Marketing Político, Técnicas da Información e Comunicación, e Igualdade e Violencia de Xénero, todos eles no Instituto Jaime Vera, en Madrid.
 
Durante 14 anos traballou dando clases de inglés e de apoio escolar en Camariñas, mentras facía traballos esporádicos de traductora e nunha empresa de enquisas do sector gandeiro e desempregou o seu labor como empresaria.
 
Secretaria xeral da Agrupación Socialista de Camariñas dende 2008,  e secretaria de Igualdade da Executiva Provincial da Coruña. Foi secretaria de Igualdade e secretaria de Organización na comarca Costa Atlántica e concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo no Concello de Camariñas.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina