Santiago, 17 de agosto de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, trasladou esta mañá aos integrantes da Mesa e Xunta de Portavoces da cámara o calendario previsto de cara á investidura e a solemne sesión de apertura da XI Lexislatura, entre outras cuestións.
O calendario previsto é o seguinte:
· Xoves 20 de agosto: Constitución das comisións permanentes lexislativas e da Deputación Permanente.
· Luns, 24 de agosto: Presidencia
[Consultas da Presidencia do Parlamento cos representantes dos grupos para candidatura á Presidencia da Xunta].
· Xoves, 27 de agosto: Mesa-Xunta de Portavoces.
· Martes, 1 de setembro: Debate e votación da investidura [inicio].
· Xoves, 3 de setembro: Debate e votación da investidura [continuación]
(transcorridas 48h - art. 136.3º e 5º RPG).
· Venres, 4 de setembro: Comunicacións da elección do presidente da Xunta a O Rei
[Publicación da elección no BOPG, DOG e BOE].
· Sábado, 5 de setembro: Toma de posesión da Presidencia da Xunta (art. 19 Lei 1/1983).
· Martes 8 de setembro: Sesión solemne de apertura da XI Lexislatura.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.