Santiago, 3 de setembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta tarde, por maioría absoluta, con 42 votos, a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.
Coa votación e posterior proclamación do resultado por parte do presidente da Camara, conclúe a sesión de investidura do presidente da Xunta, que deu comezo o pasado martes no Parlamento de Galicia.
Unha vez proclamado o resultado, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará o resultado da elección á Súa Maxestade o Rei, para o seu nomeamento mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. A comunicación a Súa Maxestade o Rei e ao presidente do Goberno efectuarase esta mesma tarde por correo electrónico, enviando unha certificación con sinatura dixital.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.