A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de setembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 907 (11/PNC-000065)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 12 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno central en relación coa carga de traballo para Navantia, así como sobre o desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadando novos contratos para o naval galego
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno central na demanda de carga de traballo para Navantia, así como do desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadando novos contratos para o naval galego."