saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 10 de novembro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 10 de novembro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de novembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate e votación do límite máximo de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 4586, 11/LGNF-000001)
 
Punto 2. Debate do ditame e das propostas de resolución, aprobados na reunión da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia, contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2018 (conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2017) (doc. núm. 52969, 10/ICON-000004)
 Publicación do ditame e das propostas BOPG nº 37 do 29.10.2020.
 
Punto 3. Textos lexislativos
 
3.1  Debate de totalidade do Proxecto de lei de pesca continental de Galicia (doc. núm. 2452, 11/PL-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020                 
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
3.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia (doc. núm. 2453, 11/PL-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020                 
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Punto 4. Comparecencias
 
4.1 4147 (11/CPP-000023)
Da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición propia, para informar da situación e das medidas adoptadas polo Goberno galego ante a situación de turbidez do río Eume e o seu impacto no abastecemento de auga en Pontedeume
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
        Acumúlase na anterior á seguinte:
4.2 3835 (11/CPP-000021)
Da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición das deputadas e dos deputados do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta do estado de deterioración ambiental e contaminación do río Eume
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
4.3 4085 (11/CPP-000022)
Do presidente da Xunta de Galicia, por petición das deputadas e dos deputados do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para abordar as medidas que se están a adoptar fronte á segunda onda da covid-19 e aquelas dirixidas a paliar as consecuencias sanitarias, económicas e sociais provocadas pola pandemia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Punto 5. Mocións
 

5.1 4110 (11/MOC-000007)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno para garantir a asistencia sanitaria á cidadanía. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 1686, publicada no BOPG nº 15, do 16.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 20.10.2020)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
5.2 4148 (11/MOC-000008)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa formación e contratación de persoal para o sistema sanitario público de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 2817, publicada no BOPG nº 27, do 07.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 20.10.2020)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
5.3 4158 (11/MOC-000009)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa distribución das transferencias non finalistas aos concellos e as necesidades derivadas da crise da covid-19. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 2246, publicada no BOPG nº 23, do 30.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 20.10.2020)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Punto 6. Proposicións non de lei
 

6.1 2552 (11/PNP-000254)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa participación da Xunta de Galicia no financiamento dos concellos, o incremento do Fondo de Cooperación Local e o establecemento no ano 2020 dos criterios de distribución das subvencións ás entidades locais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
6.2 2796 (11/PNP-000285)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa liña ferroviaria Vigo-Porto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
6.3 3737 (11/PNP-000412)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa rebaixa, polo Ministerio de Educación, a través do Real decreto lei 31/2020, do nivel e dos requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-2021 con independencia do número de materias suspensas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
6.4 3878 (11/PNP-000427)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre a posición que debe defender o Goberno galego diante do Goberno central e das institucións europeas en relación coa distribución dos fondos europeos para afrontar a crise da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
6.5 3945 (11/PNP-000436)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, no marco do futuro plan galego de oncoloxía, dunha estratexia de medicina personalizada e terapia celular avanzada, así como a posta en marcha en Galicia dun centro de terapia CAR-T
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
6.6 3973 (11/PNP-000441)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 2 máis
Sobre o establecemento polo Goberno galego dun plan de axudas directas a fondo perdido dirixido a paliar o impacto económico da covid-19 no sector da hostalaría en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Punto 7. Interpelacións
 

7.1 3563 (11/INT-000223)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nos centros de atención residencial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
7.2 3635 (11/INT-000233)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa información aos concellos respecto da incidencia da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
7.3 3652 (11/INT-000235)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nos empresarios autónomos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
Punto 8. Preguntas ao goberno
 
8.1 4632 (11/PUP-000079)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre o recoñecemento polo Goberno galego do compromiso do Goberno central para satisfacer unha demanda histórica da sociedade galega como a rebaixa das peaxes da autoestrada AP-9
 
8.2 911 (11/POP-000268)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Alén Castro, Gabriel e 6 máis
Sobre cales son os beneficios que lle reporta ao estudantado galego a rebaixa do prezo das matrículas universitarias no curso 2020-2021
 
8.3 2989 (11/POP-000359)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para garantir a carga de traballo para o cadro de persoal da planta de Siemens-Gamesa nas Somozas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
8.4 2848 (11/POP-000345)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Abelairas Rodríguez, María Isaura e 3 máis
Sobre o mecanismo previsto polo Goberno galego para garantir, dada a limitación das citas á atención telefónica, a atención sanitaria ás persoas con parálise cerebral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
8.5 3154 (11/POP-000382)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a avaliación que fai a Xunta de Galicia do desenvolvemento do Plan de asistencia ao ictus en Galicia, posto en marcha no ano 2016
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 30, do 14.10.2020
  
8.6 3810 (11/POP-000478)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para a mellora da infraestrutura e reforzo do persoal da UCI de adultos do Hospital Clínico de Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
8.7 4630 (11/PUP-000078)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
Sobre o número de persoas restrexadoras que hai en Galicia para o seguimento das persoas contaxiadas pola covid-19
 
8.8 3442 (11/POP-000419)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre a demora na detección da presenza da covid-19 e na comunicación dos resultados das probas realizadas na Residencia de persoas maiores Os Gozos, en Pereiro de Aguiar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina