saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 12 de novembro de 2020

 
A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 12 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 1856 (11/PNC-000178)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o aumento das cotas de pesca do bonito no Atlántico norte, así como para o alongamento da duración e rendibilidade económica da campaña desta especie
BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para:
 
1. A realización de estudos que conduzan a acreditar, diante de ICES e ICCAT, o bo estado do stock de bonito do norte e, conseguintemente, a un aumento do TAC asignado a esta especie no Atlántico norte.
 
2. A negociación e adopción de medidas de xestión que permitan, no marco disposto por ICCAT e da normativa europea sobre TAC e cotas, poder estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña do bonito."
 
- 3088 (11/PNC-000349)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa baixada que rexistran as capturas de polbo en Galicia
BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1º) Realizar un novo estudo para analizar a evolución da especie, dando traslado do seu resultado ao sector e a esta cámara.
 
2º) Elaborar un novo plan de xestión do polbo consensuado co sector, que inclúa un verdadeiro plan de recuperación desta especie."
 
- 3569 (11/PNC-000405)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos medios existentes para combater os riscos de contaminación mariña, así como a orixe e consecuencias da vertedura producida o día 13 de outubro na ría de Arousa
BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a contrastar os medios existentes para combater calquera risco de contaminación mariña e a levar a cabo todas as investigación e actuacións que sexan precisas para determinar a orixe e consecuencias da vertedura producida o 13 de outubro na ría de Arousa."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina