saltar ao contido

A Xunta entrega ao Parlamento o Proxecto de orzamentos para o ano 2021

Santiago, 23 de novembro de 2020.- O conselleiro de Facenda da Xunta, Valeriano Martínez, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2021.

De seguido, a Mesa do Parlamento cualificou o proxecto de lei e, unha vez oída a Xunta de Portavoces, asignouno  a comisión e aprobou o calendario de tramitación deste texto lexislativo.

 

No seguinte enlace, proxecto de orzamento de 2020 e calendario de tramitación  parlamentaria: http://www.parlamento.gal/Pleno/Orzamentos

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina