saltar ao contido

Convocados os XXVII Premios de Publicidade en galego

• A convocatoria formalizouse nunha reunión entre o presidente do Parlamento de Galicia, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e o presidente do Foro Enrique Peinador

Santiago, 1 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e o Foro Enrique Peinador veñen de convocar a XXVII Edición dos Premios de Publicidade en galego correspondentes ao ano 2020.

As bases contemplan a concesión de cinco premios, nas categorías de radio, televisión, internet e prensa escrita, ademais de un extraordinario dirixido a proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos. As catro primeiras categorías divídense en dúas modalidades, con premio á empresa anunciante e á axencia  de publicidade.

Estes galardóns, de natureza aberta e participación voluntaria, recoñecerán accións publicitarias difundidas ou transmitidas integramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. A modalidade dirixida ao alumnado recoñecerá traballos relacionados coa publicidade e realizados no curso 2019-2020

O prazo de inscrición na convocatoria e a presentación dos traballos  rematará o vindeiro 30 de decembro. Os premios serán entregados no Parlamento de Galicia durante o primeiro trimestre de 2021 e consistirán nunha certificación  e unha obra artística.

A convocatoria foi formalizada nunha reunión celebrada no Parlamento coa participación do titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González.

Bases da convocatoria e folla de inscrición: http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaDocumentosVarios/Premios%20de%20Publicidade%202020.zip


Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina