saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 11 de decembro de 2020


A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na reunión do 11 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 2794 (11/PL-000005)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia
BOPG n.º 26, do 06.10.2020
 
G.P. Popular de Galicia (P):
D. Alberto Pazos Couñago(titular)
D.ª Paula Prado del Río (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
D. Xosé Luís Bará Torres(titular)
D. Daniel Castro García(suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S):
D. Pablo Arangüena Fernández (titular)
D.ª Paloma Castro Rey (suplente)

Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 3544 (11/PNC-000401)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 5 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego dun plan de renovación do parque móbil
BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 6 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar un Plan de renovación do Parque móbil por outro máis eficiente que favorezca a movilidade sustentable."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 2733 (11/PNC-000297)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre o impulso do Goberno galego diante dos gobernos español e portugués dunha proposta de tarxeta de paso de proximidade transfronteiriza que se poida utilizar no caso de establecemento de restricións por motivos de saúde pública, así como sobre o apoio á implantación dunha tarxeta cidadá transfronteiriza para a poboación residente nos municipios limítrofes co río Miño internacional
BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Impulsar diante dos gobernos español e portugués que se estuden fórmulas para evitar os efectos negativos das restricións no paso da fronteira por motivos de saúde pública.
 
2. Apoiar a implantación dunha "Tarxeta cidadá transfronteiriza" que promova a simplificación da vida das persoas, o aumento da eficiencia na Administración Pública baseada nas TIC, para a poboación residente nos concellos transfronteiros, aproveitando a experiencia de instrumentos deste tipo xa implantados ou en estudo no ámbito das eurocidades."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina