saltar ao contido

Acordo da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo celebrada o día 15 de decembro de 2020

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de decembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
- 2710 (11/PNC-000293)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e dous/dúas máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, en concreto ao Ministerio de Transición Ecolóxica, en relación co artigo 18 do Proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética, así como con calquera modificación da Lei de costas referida á vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar
BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a demandar do Goberno do Estado, nomeadamente do ministerio de transición ecolóxica, a supresión de oficio do artigo 18 do actual proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética, así como a consensuar co sector mar-industria galego calquera modificación da lei de costas no referido á vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina