saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 18 de decembro de 2020

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 18 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 2795 (11/PL-000006)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de museos e outros centros museísticos de Galicia
BOPG n.º 26, do 06.10.2020
 
G.P. Popular de Galicia (P):
D. José Luis Ferro Iglesias (titular)
D. Ovidio Rodeiro Tato (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
D.ª Mercedes Quixas Zas (titular)
D. Manuel Antonio Lourenzo Sobral (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S):
D.ª Noa Susana Díaz Varela (titular)
D. Luis Manuel Álvarez Martínez (suplente)
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 929 (11/PNC-000067)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 14 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para ampliar a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP)
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego ampliar a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) en Galicia a través da incorporación de novos centros para mellorar a oferta de FP co obxecto de avanzar na formación e na adquisición das aptitudes e das competencias do alumnado galego."
 
Aprobación con modificacións
 
- 5150 (11/PNC-000612)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Ferro Iglesias, José Luis e 7 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demanda pola Xunta de Galicia ao Goberno central do traslado ao antigo Convento de San Francisco das sedes do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e da Biblioteca Pública do Estado Antonio Odriozola
BOPG n.º 49, do 19.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia acorda pronunciarse a favor de que a Xunta de Galicia demande ao Goberno do Estado que estude e valore se o espazo do antigo Convento de San Francisco permite albergar, ademais do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, a Biblioteca Pública do Estado Antonio Odriozola en condicións óptimas co fin de ofrecer un servizo de calidade adaptado ás necesidades da cidadanía."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 2881 (11/PNC-000321)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Sergas en relación coa difusión da campaña "Falar galego é saudábel"
BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que inste ao Servizo Galego de Saúde a asumir un papel activo na difusión da campaña Falar galego é saudábel, xa sexa colocando os cartaces, comunicándolla a todo o persoal ou incluíndo os deseños nas pantallas das salas de espera dos Hospitais e Centros de Saúde."
- 5854 (11/PNC-000702)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre a remisión polo Goberno galego ao Parlamento de Galicia dun informe final, por cada un dos trimestres do curso académico 2020-2021, referido ás actuacións das comisións provinciais de seguimento ante os posibles casos de absentismo escolar con orixe na covid-19 remitidos polos centros educativos
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a remitir ao Parlamento de Galicia un informe final por cada un dos tres trimestres do curso 2020/2021, sobre as actuacións dos comités provinciais de seguimento ante as posibles situación de absentismo con orixe na covid-19 por parte dos centros educativos, no que consten o número de casos que foron remitidos en cada provincia desagregrado por etapas educativas, así como o ditame que sobre eses casos de adoptou."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina