saltar ao contido

O Pleno do Parlamento elixe a un integrante do Consello de Contas e tres do Consello Consultivo de Galicia


Santiago, 22 de decembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá, ao comezo da sesión, a un membro do Consello de Contas de Galicia e tres integrantes do Consello Consultivo.
 
Para o Consello de Contas resultou elixido Simón Rego Vilar, proposto polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, para cubrir a vacante provocada polo falecemento de Beatriz Rodríguez Fraga.
 
Para integrar o Consello Consultivo de Galicia, o Pleno da Cámara elixiu  a José Luis Costa Pillado e a Ignacio de Loyola Aranguren Pérez, propostos polo Grupo Parlamentario Popular e que repiten mandato; e a Alberto Souto Souto, a proposta do Grupo Parlamentario do BNG. A elección destes tres integrantes do Consello Consultivo é consecuencia da expiración de mandato.
 
E elección polo Pleno da Cámara efectuouse logo da preceptiva comparecencia destas persoas na Comisión 1ª, Institucional,  de Administración Xeral, Xustiza e Interior , do pasado 11 de decembro.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina