saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 28 de xaneiro de 2021

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 28 de xaneiro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 5668 (11/PNC-000683)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e tres máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa baixada da produción marisqueira na ría de Ferrol
BOPG n.º 52, do 25.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o goberno da Xunta como administración principalmente responsable e máis ao goberno central a iniciar de inmediato un verdadeiro proceso de recuperación da produción marisqueira na Ría de Ferrol, en colaboración coas confrarías da zona, os técnicos da Consellaría do Mar e a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, ao que se acompañarán medidas de protección económica e social dos mariscadoras e mariscadores pactadas co propio sector, a comezar pola realización dun estudo integral que determine as causas da situación da ría e as posíbeis solucións.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina