A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 11 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 7743 (11/PNC-000850)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e seis deputados/as máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia para que inicie un proceso participativo e colaborativo para a celebración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos
BOPG n.º 79, do 20.01.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar un proceso participativo e colaborativo para a celebración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos."