saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 25 de febreiro de 2021

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 25 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Consello Galego de Universidades. Elección
 
Elección de membros

 
- 5838 (11/ECGU-000001)
Sobre renuncia como membro do Consello Galego de Universidades designada polo Parlamento de Galicia
 
Dona Begoña Barreiro Fernández (P)
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións

 
- 9558 (11/PNC-000989)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e catorce máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar, de xeito coordinado coas universidades galegas, a oferta formativa do Sistema universitario de Galicia. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 88, do 03.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, de xeito coordinado coas universidades galegas, mellore a oferta formativa do Sistema Universitario de Galicia (SUG) co obxectivo de poder dar resposta ás novas necesidades da sociedade e do mercado laboral, para o que afrontará o desenvolvemento e a implantación de novas titulacións fundamentadas en criterios como o axuste á especialización do campus; o carácter interuniversitario, internacional ou dual; incorporación de metodoloxías educativas innovadoras; orientación práctica e aplicada dos estudos; e a existencia de recursos materiais e humanos necesarios para a impartir a carreira.
 
En todo caso, os criterios para a determinación do novo mapa de titulacións do SUG deberán ser consensuados coas propias universidades asegurando no próximo Plan galego de financiamento universitario os recursos suficientes para o seu óptimo desenvolvemento."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina