Santiago, 2 de marzo de 2020.- O recentemente elixido presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, efectuou este mediodía unha visita protocolaria de presentación ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira.
No transcurso do encontro, o titular da Cámara animou ao responsable da CEG a utilizar os diferentes mecanismos de participación cidadá que ofrece o Parlamento de Galicia e poñelos a disposición do tecido empresarial galego para contribuír á creación de emprego e riqueza.
Santalices desexou a Vieites unha xestión exitosa á fronte da CEG, convencido de que “unha organización empresarial sólida é boa para as empresas, pero tamén para o conxunto da sociedade galega”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.