saltar ao contido

Convocatoria do Pleno da Cámara previsto para o 9 de marzo de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de marzo de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de marzo de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencias
 

1.1 11962 (11/CPP-000043)
Do Sr. conselleiro de Cultura, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento e actuacións en relación coa evolución da covid-19
 
1.2 6919 (11/CPP-000034)
Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para dar conta do impacto que en materia pesqueira pode ter o acordo de saída da Unión Europea por parte do Reino Unido, así como das actuacións que se van desenvolver no futuro na defensa de Galicia nesta cuestión
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 
 Acumúlase na anterior a seguinte:
 
1.3 6841 (11/CPP-000033)
Da Sra. conselleira do Mar, por solicitude dos 19 deputados e deputadas do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para explicar o contido e a afectación do recente acordo entre a Comisión Europea e o Reino Unido sobre o Brexit no sector pesqueiro galego e as medidas que prevé adoptar fronte ás consecuencias del
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 76, do 14.01.2021
 
Punto 2. Mocións
 

2.1 11786 (11/MOC-000028)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto que está a ter para as mulleres a crise económica xerada pola covid-19. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 9382, publicada no BOPG nº 88, do 03.02.2021, e debatida na sesión plenaria do 23.02.2021)
 
2.2 11850 (11/MOC-000029)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos efectos da pandemia da covid-19 nas mulleres galegas. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 7604, publicada no BOPG nº 79, do 20.01.2021, e debatida na sesión plenaria do 23.02.2021)
 
2.3 11854 (11/MOC-000030)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa obtención de novas oportunidades de explotación enerxética en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 9630, publicada no BOPG nº 91, do 10.02.2021, e debatida na sesión plenaria do 23.02.2021)
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 6106 (11/PNP-000702)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para prestar unha axeitada atención á saúde mental
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
3.2 9423 (11/PNP-000947)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
Sobre o mantemento polo Goberno galego do funcionamento do CEIP de Baamonde, no concello de Begonte, desbotando calquera posibilidade de desafectar o centro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
3.3 10324 (11/PNP-001027)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia da avaliación do II Programa de muller e ciencia, así como sobre o inicio da elaboración do III programa.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
3.4 11189 (11/PNP-001108)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da transferencia a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo-terrestre
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
3.5 11376 (11/PNP-001122)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a presentación de recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial en relación co pazo de Meirás para defender a verdade histórica e o interese público e para evitar calquera indemnización á familia Franco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
 Acumúlase na anterior a seguinte:
 
3.6 11414 (11/PNP-001127)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para que se esgoten todas as posibilidades xurídicas para a defensa do interese do Estado, incluíndo, de ser tecnicamente posible e aconsellable, a interposición de recurso contra a Sentenza 60/2021, da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, no relativo ao pronunciamento favorable á indemnización dos gastos realizados no inmoble pola familia Franco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 9732 (11/INT-000569)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de atención á saúde mental
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
4.2 11066 (11/INT-000642)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política do Goberno galego en relación coas persoas que se atopan en situación de soidade non desexada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
4.3 11392 (11/INT-000658)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a crise económica e social que asola a comarca de Ferrol
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
5.1 11958 (11/POPX-000021)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do mantemento dalgunha reunión cos líderes das forzas parlamentarias de Galicia para abordar a saída da crise
   
5.2 11959 (11/POPX-000022)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para avanzar cara á igualdade real das mulleres
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 11160 (11/POP-001589)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María e 4 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo e as previstas polo Goberno galego para evitar a deslocalización de postos de traballo de Iberdrola da comarca de Valdeorras para Salamanca
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
6.2 11441 (11/POP-001626)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre os atrasos no aboamento de subvencións concedidas no marco de programas do Plan de reactivación económica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
6.3 7692 (11/POP-001007)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 2 máis
Sobre as medidas e actuacións que vai levar a cabo a Xunta de Galicia tendentes a desenvolver o proxecto sectorial do parque empresarial de Tamagos, en Verín
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
6.4 10289 (11/POP-001502)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre as ferramentas postas á disposición das administracións públicas e dos cidadáns nas Directrices da Paisaxe de Galicia para facilitar o uso e aproveitamento do territorio e a preservación da paisaxe galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
6.5 11057 (11/POP-001574)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre o coñecemento por parte do Goberno galego da adquisición polo Goberno central dalgún novo compromiso de apoio económico para a celebración do bienio Xacobeo 2021-2022
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021 
 
6.6 11367 (11/POP-001614)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Abelairas Rodríguez, María Isaura e 2 máis
Sobre as razóns da Xunta de Galicia para negarse a autorizar a ocupación provisional dos espazos dispoñibles no CEIP Ramón y Cajal de Vigo, polo alumnado e persoal da Escola Infantil Municipal Santa Marta
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
6.7 11946 (11/PUP-000161)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 9 máis
Sobre o balance que fai o Goberno galego do seu ofrecemento ás entidades locais para a asunción da xestión das axudas municipais á hostalería, microempresas e autónomos co fin de acadar unha maior simplificación e axilidade
 
6.8 11950 (11/PUP-000162)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do impulso dun proxecto de recuperación da memoria democrática das mulleres galegas
 
6.9 11957 (11/PUP-000163)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para afrontar a situación de mortaldade de moluscos e a previsible perda de ingresos do sector marisqueiro derivada do exceso de auga doce nas rías de Arousa, Pontevedra, Vigo, Noia e Camariñas despois dos últimos temporais

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina