A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 9969 (11/PNC-001026)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a elaboración polo Goberno galego, antes do remate deste período de sesións, dun informe sobre a avaliación do Plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda, coñecido como Plan RehaVIta
BOPG n.º 91, do 10.02.2021
Sométese a votación a transacción acadada coa votación separada por apartados:
Apartados a) e b) aprobados pola unanimidade dos 12 deputados presentes
Apartados c) e d) rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a presentar ao Parlamento de Galicia, ao remate de 2021, un informe sobre a avaliación do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda, coñecido como Plan Rehavita, no que inclúan cando menos:
a) O valor final acadado para cada un dos indicadores previstos para os eixos 1, 2 e 3 do plan.
b) Os orzamentos totais executados correspondentes a cada un dos eixos, indicando os correspondentes aos distintos programas que desenvolven eses eixos, é dicir, os catro programas que desenvolven o eixo 1, o catro que desenvolven o eixo 2, os tres que desenvolven o eixo 3, así como o eixo 4."
- 11081 (11/PNC-001132)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e sete máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a apertura ao tráfico do túnel do Folgoso, da autovía das Rías Baixas, ou A-52, en sentido Ourense
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
Sométese a votación –coa incorporación da emenda de adición do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 12021)– e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar ó Goberno de España o arranxo urxente do túnel do Folgoso, en sentido Ourense, da A-52, que permita a súa apertura ao tráfico con todas as garantías de seguridade no prazo máis breve posible.
Asemade, o Parlamento insta a Xunta a demandar do Goberno central a mellora integral das estradas N-120 e N-559, con especial atención á seguridade viaria nos treitos que corresponden aos concello de Covelo e A Cañiza."